?Técnicas de apoio psicolóxico e social ao paciente e familiares? é un dos módulos pertencentes á cualificación profesional de ?Transporte sanitario?, que forma parte da familia profesional de ?Sanidade?. Esa cualificación recolle todos os seus contidos e obxectivos segundo as directrices marcadas polo Sistema Nacional de Cualificacións.
O obxectivo deste material didáctico é ensinar as técnicas precisas para cubrir as necesidades psíquicas do paciente así como dos seus familiares e para optimizar o seu estado emocional en situacións de emerxencias sanitarias. Para iso, explícanse de forma sinxela os principios básicos da psicoloxía xeral e da comunicación, o control emocional e os sentimentos dos pacientes.
Ideaspropias Editorial presenta este manual para que o lector coñeza estas técnicas e aprenda a aplicalas ante unha enfermidade ou situación de emerxencia, xa que o apoio psicolóxico nestes sucesos é fundamental.
